===== PAGE 1 ===== on SERVIZO | GALEGO. OFERTA PERSOAL ESTATUTARIO 2021 Electricista 2° EXERCICIO: PARTE ESPECÍFICA INSTRUCIÓNS: 1.- Non abra nin lea o interior deste caderno ata que se lle indique. 2.- Esta proba ten carácter eliminatorio. Este exercicio consta de dúas partes diferenciadas: un primeiro cuestionario con 50 preguntas teóricas tipo test con 5 de reserva (E51 á E55), que deberán ser contestadas a continuación do recadro “Específico Parte teórica” entre os números E1 e E55 e un segundo cuestionario de 50 supostos prácticos tipo test con 5 de reserva (E106 á E110), que deberán ser contestados a continuación do recadro "Específico Parte práctica” entre os números E56 e E110 da "FOLLA DE RESPOSTAS" 3.- O tempo total de realización do exercicio, é de 150 minutos. 4.- Todas as preguntas teñen catro respostas alternativas, sendo unha a correcta. As respostas correctas sumarán 0,50 puntos, as non contestadas non terán valoración algunha e as contestadas erroneamente restarán 0,125 puntos. 5.- Comprobe sempre que o número de resposta que sinale na "FOLLA DE RESPOSTAS" é o que corresponde ao número da pregunta do cuestionario. 6.- Este cuestionario debe utilizarse na súa totalidade como borrador das respostas elixidas, para non marcar unha resposta ata estar totalmente seguro/a. 7.- A resposta correcta marcarase cun X ben feito dentro dos límites do recadro. De ter que anular algunha resposta, o recadro da resposta que se marcou incorrectamente ten que encherse por completo. Unha vez que se anule, xa non poderá recuperarse de novo dita opción de resposta. 8.- Ao rematar o seu exercicio, no suposto de que non teña que realizar o exercicio de lingua galega, advírtao á organización para a súa recollida. Debe entregar a “FOLLA DE RESPOSTAS”, no lugar que lle indique a organización, onde lle entregarán a última folla autocopiativa. Ao abandonar o recinto NON poderá levar ningún cuestionario de preguntas. O Servizo Galego de Saúde facilitaralle o acceso aos mesmos a través da páxina web:www.sergas.es , logo de finalizados os tempos de exame. Se ten que realizar o exercicio de lingua galega, permaneza no seu lugar. Ao finalizar o exercicio, garde este cuestionario no chan, baixo o seu asento e espere as indicacións para realizar a continuación o outro exame, en unidade de acto. O9I1V9 NI 3NWX3 LEA DETIDAMENTE AS INSTRUCIÓNS QUE FIGURAN NO REVERSO DA FOLLA DE RESPOSTAS PARA O SEU CORRECTO ENCHEMENTO * 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 2 ===== OPE 2021 ELECTRICISTA - Ejercicio Específico Teoría 1. Das diferenzas entre un contactor e un relé, cal das seguintes é INCORRECTA? A) O contactor é un dispositivo de alta potencia, namentres que o relé é un dispositivo de baixa potencia. B) Os contactores son relativamente máis grandes e pesados en comparación cos relés que son relativamente pequenos e máis lixeiros. C) Os contactores están clasificados para ata 1.000 V, pero os relés están clasificados para ata 250 V. D) Un contactor ten un contacto común que se conecta a unha posición neutral, mentres que un relé une dous polos, sen un circuíto común entre eles. 2. Os contactos dun relé cuxa segunda cifra sexan 5 ou 6 son: A) Contacto pechado NC. B) Contacto aberto N. C) Contacto conmutado. D) Contacto pechado temporizado. 3. A capacidade dun condensador (C), mídese en: A) Vatios. B) Voltios. C) Culombios. D) Faradios. 4. Segundo a ITC-09 do REBT, para que potencias é necesario proxecto en instalacións de iluminación exterior? A) Maior de 1 kW. B) Maior de 5 kW. C) Maior de 10 kW. D) Maior ou igual a 10 kW. 5. Cal destas respostas axústase ás características dun disxuntor?: A) Protexe de sobrecargas e curtocircuítos sen capacidade de corte. B) Non protexe de sobrecargas nin curtocircuítos con capacidade de corte. C) Protexe de sobrecargas e curtocircuítos con capacidade de corte. D) Protexe de sobrecargas pero non de curtocircuítos con capacidade de corte. 6. Despois da súa posta en servizo, nun quirófano, realizarase un control do correcto funcionamento do dispositivo de vixilancia de illamento e dos dispositivos de protección A) polo menos semanal. B) polo menos mensual. C) polo menos diario. D) polo menos anual. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 3 ===== 7. Que cor normalizado terán as tomas de corrente de uso industrial de 24V? A) Amarelo. B) Verde. C) Violeta. D) Negro. 8. Segundo o REBT, a caída de tensión máxima permitida para derivacións individuais na subministración para un único usuario será de: A) 2,5 % B) 2 % C) 1,5 % D) 1% 9. Que medidas ten o formato de lámina A3 (en milímetros cadrados)?. A) 594X841. B) 297X420. C) 420X594. D) 210X297. 10. Un dos requisitos para sistemas que usan sinais que se axustan e transmiten pola instalación eléctrica de baixa tensión é: A) Os nodos inxectan sinais na instalación de baixa tensión de 3 Khz ata 148.5 Khz. B) Os nodos inxectan sinais na instalación de baixa tensión de 1 Khz ata 3 Khz. C) Os nodos non poderán inxectar sinais na instalación de baixa tensión. D) Os nodos inxectan sinais na instalación de baixa tensión de 200 Khz ata 600 Khz. 11. Un sistema trifásico de enerxia eléctrica está formado por tres correntes alternas monofásicas de igual : A) Intensidade e voltaxe. B) Frecuencia e amplitude. C) Intensidade e potencia. D) Resistencia e potencia. 12. En que unidade se mide a admitancia?: A) Ohmios. B) Watts. C) Voltios. D) Siemens. 13. Segundo a ITC-09 do REBT, o grao de protección mínima para as luminarias utilizadas en iluminación exterior, debe ser: A) 123. B) IP44. C) IP65. D) IP67. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 4 ===== 14. Baseandonos na ITC-28 do REBT, no salón de actos dun Hospital, con capacidade para 200 persoas, no cadro eléctrico do salón, cantos diferenciais de iluminación ten que haber como mínimo? A) 1 diferencial. B) 2 diferenciais. C) 3 diferenciais. D) Depende do número de luminarias e potencia das mesmas. 15. Segun a Lei de Lenz, nun transformador, para que se produza variación de fluxo magnético, a corrente debe de ser: A) Corrente continua. B) Corrente alterna. C) Corrente pulsante. D) Corrente directa. 16. As baterías de condensadores, utilízanse para: A) Compensar a enerxía reactiva capacitiva. B) Compensar a enerxía activa. C) Compensar a enerxía reactiva indutiva. D) Ningunha resposta é correcta 17. O relé Buchholz serve para: A) Detectar a produción de gas no aceite. B) Detectar elevada temperatura no transformador. C) Dar pre-alarma de temperatura elevada no aceite. D) Dar alarma de temperatura elevada do aceite para apertura de protección por seguridade do transformador. 18. Nos grupos electróxenos tanto automáticos, semiautomáticos ou manuais, a súa autonomía depende de: A) O grande que sexa o grupo. B) A capacidade do seu depósito. C) A velocidade de ventilación do grupo. D) O nivel de aceite. 19. Un interruptor diferencial é un aparello electromecánico que se emprega como dispositivo de protección contra: A) Só contra contactos directos. B) Nunca para contactos indirectos. C) Contactos indirectos, asociados á posta a terra das masas e tamén contra contactos directos. D) Contactos indirectos, asociados á posta a terra das masas e nunca contra contactos directos. 20. A sección mínima do condutor de baixada dun sistema de protección contra o raio será de: A) 95 milímetros cadrados. B) 35 milímetros cadrados. C) 70 milímetros cadrados. D) 50 milímetros cadrados. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 5 ===== 21.A clasificación dos grupos electróxenos con motores de combustión interna, de acordo á súa instalación, é: A) Gasolina e gas. B) Manual. C) Estacionarias e móbiles . D) Continua. 22. Segundo a ITC-31 do REBT, nas piscinas, o volume 1 está limitado por: A) Volume O, un plano vertical a 2,5 m do bordo do recipiente, o chan ou a superficie susceptible de ser ocupada por persoas e o plano horizontal a 2 m por encima do chan ou superficie. B) Volume O, un plano vertical a 2 m do bordo do recipiente, o chan ou a superficie susceptible de ser ocupada por persoas e o plano horizontal a 2,5 m por encima do chan ou superficie. C) Volume 2, un plano vertical a 2,5 m do bordo do recipiente, o chan ou a superficie susceptible de ser ocupada por persoas e o plano horizontal a 2 m por encima do chan ou superficie. D) Volume 2, un plano vertical a 2 m do bordo do recipiente, o chan ou a superficie susceptible de ser ocupada por persoas e o plano horizontal a 2,5 m por encima do chan ou superficie. 23. O cadro xeral de baixa tensión nunha instalación eléctrica... A) É o punto de entrega de enerxía en baixa tensión. B) É o cuarto onde están os elementos de manobra de diferentes equipos (ascensores, bombas de presión). C) Aliméntase desde cadros secundarios. D) É prescindible en baixa tensión. 24. Existe lexislación sobre a chatarra de cobre?. A) Non, pódese depositar en calquera contedor. B) Non, pódese vender e non conleva sancións. C) Se, o regulamento (UE) n° 715/2013 da comisión, de 25 de xullo de 2013. D) Só se o indica cada concello. 25. Nunha edificación. Quen será o responsable do mantemento da parte de infraestrutura común de telecomunicacións, comprendida entre o punto de terminación de rede e o punto de acceso ao usuario? A) O responsable é o propietario ou propietarios da edificación. B) O responsable é o operador ou operadores de redes e servizos de telecomunicación. C) O responsable é o usuario da infraestrutura. D) Non é necesario realizar mantemento neste tipo de infraestruturas. 26. A corrente eléctrica é... A)A densidade de protóns que existe no núcleo dun átomo. B) O desprazamento de electróns a través dun condutor. C)A densidade de neutróns existente no núcleo dun átomo. D) A tensión existentente nunha pila ou xerador. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 6 ===== 27. Segundo a ITC-32 do REBT, as canalizacións que vaian desde o dispositivo xeral de protección ao equipo eléctrico de elevación ou de accionamento, deberán ser dimensionados de maneira que: A) O arranque do motor non provoque unha caída de tensión superior ao 5%. B) A potencia nominal do motor non provoque unha caída de tensión superior ao 5%. C) O arranque do motor non provoque unha caída de tensión superior ao 3%. D) A potencia nominal do motor non provoque unha caída de tensión superior ao 3%. 28. Como chamamos ao sistema de automatización que se encarga da xestión enerxética dunha vivenda de maneira individualizada?: A) Domótica. B) Termoxestión. C) Inmótica. D) Xestión. 29. A resistencia eléctrica dunha liña dun circuíto medímola en unidades chamadas: A) Culombios. B) Amperios. C) Ohmios. D) Watios. 30. Que é o codigo LER?. A) Un código de uso de baterías. B) E unha relación de residuos harmonizada a nivel Europeo. C) E o código de vida dos sistemas eléctricos. D) E un código de identificación de lámparas. 31. Nun sistema trifásico, a tensión medida entre fases denomínase: A) Tensión de liña. B) Tensión de fase. C) Tensión simple. D) Tensión de rede. 32. Dependendo de grao de electrificación e previsión da potencia que se desexe utilizar, segundo (ITC-010) unha vivenda con electrificación elevada corresponderá a: A) Superficie útil superior a 100 metros cadrados. B) Superficie útil superior a 110 metros cadrados. C) Superficie útil superior a 160 metros cadrados. D) Superficie útil superior a 150 metros cadrados. 33. Aqueles residuos non perigosos que non experimentan transformacións físicas, químicas ou biolóxicas significativas, denomínanse: A) Residuos municipais. B) Residuos perigosos. C) Residuos inertes. D) Residuos mesturados. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 7 ===== 34. Segundo a ITC-28 do REBT, para locais de pública concorrencia, terán propiedades especiais fronte ao lume, sendo non propagador de incendios, con emisión de fumes e gases tóxicos moi reducida: A) Cables eléctricos de tipo xeral. B) Cables eléctricos de tipo xeral e o conexionado interior de cadros eléctricos. C) Cables eléctricos de tipo xeral, conexionado interior de cadros eléctricos e elementos de condución de cable (tubo). D) Cables eléctricos de tipo xeral, conexionado interior de cadros eléctricos, elementos de condución de cable (tubo), canles e bandexas. 35. A inspección das instalacións eléctricas de iluminación exterior con potencia instalada superior a 5 kW, realizadas cada cinco anos en aplicación da ITC- BT-05. É un mantemento: A) Preditivo. B) Preventivo. C) Técnico - Legal. D) Condutivo. 36. De que depende a resistencia dun eléctrodo de terra?. A) Da profundidade á que estea enterrado. B) Do tamaño do eléctrodo. C) Da dureza do terreo. D) Das súas dimensións, da súa forma e da resistividade do terreo no que se establece. 37. Segundo o RD 614/2001, de que clase deben de ser as luvas illantes para traballos eléctricos se nos atopamos nun CT con tensión 6 kV? A) Clase 1. B) Clase 2. C) Clase 3. D) Clase 4. 38. A forma máis común de representacion de corrente alterna é: A) En función dos seus polos. B) Unha liña recta. C) Unha liña recta e outra paralela con trazos descontinuos. D) Unha onda senoidal. 39. Segundo NORMA UNE 21464.1:2012, na área de operación dun quirófano, demándanse: A) 100 lux. B) 500 lux. C) De 1.000 a 5.000 lux. D) De 10.000 a 100.000 lux. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 8 ===== 40. Nunha instalación de pararraios, débese medir o valor da toma de terra illada de calquera outro elemento de natureza condutora, non debendo ser maior de: A) 12 ohmios. B) 1O ohmios. C) 15 ohmios. D) 20 ohmios. 41. Con que periodicidade realizarase o mantemento preventivo dun grupo electróxeno? A) O mantemento preventivo dun grupo electróxeno, realizarase mensualmente. B) O mantemento preventivo dun grupo electróxeno, realizarase semanalmente. C) O mantemento preventivo dun grupo electróxeno, realizarase semestralmente. D) O mantemento preventivo dun grupo electróxeno, realizarase conforme ao indicado polo fabricante. 42. Segundo o RAT, para unha tensión nominal de rede de 45 kV, a tensión máis elevada do material Um dunha instalación será igual ou superior a: A) 48 kv. B) 50 kv. C) 52 kv. D) 54 kv. 43. Que é o que nos indica nun interruptor diferencial, a corrente nominal de corte deste?: A) A voltaxe de traballo. B) A corrente que é capaz de cortar sen que este se dane. C) A corrente que flúe por este continuamente. D) Non nos indica nada específico. 44. Cal dos seguintes tipos de SAls son os mais adecuados para alimentar cargas críticas como é o caso de quirófanos?: A) Tipo On-line B) Tipo Off-line C) Tipo Stand-By D) Tipo In-line ou interactivos 45. Que finalidade esencial teñen as centrais de alarmas de incendios, ademais de detectar incendios?: A) Evitar o ingreso de intrusos. B) Evitar a saída de intrusos. C) Gravar. D) Facelo o máis temperán posible. 46. Cal é a resistividade dun terreo de areas arcillosas? A)30a40Q B) 50a 500 Q C) 200 a 3.000 Q D) 1.500 a 3.000 Q 0046914635467001300003637860491 148328548 ===== PAGE 9 ===== 47. Como se chama tamén a un motor de gaiola de esquío? A) Motor de rotor bobinado. B) Motor de anéis rozantes. C) Motor excéntrico. D) Motor de rotor en curtocircuíto. 48. Que é a frecuencia dun alternador?. A) Son as revolucións por minuto do alternador. B) É o período de tempo de vida do alternador. C) É o número de voltas do alternador. D) É o número de ciclos do alternador que se produce nun segundo. 49. Segundo a normativa vixente, os detectores de fumes fotoeléctricos deben instalarse: A) Onde quede mellor visualmente. B) A menos de 1O centímetros dunha esquina. C) A máis de 2 metros de tubos fluorescentes. D) A menos de 2 metros de tubos fluorescentes. 50. Para realizar o transporte de residuos perigosos é obrigatorio ter sempre: A) Un camión con plataforma móbil. B) Unha autorización municipal. C) O documento de control e seguimento. D) Unha lona cubrindo o camión. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 10 ===== Preguntas de reserva 51.A potencia mecánica das máquinas indicase en CV. A fin de relacionar esta unidade coa potencia eléctrica estableceuse como magnitude do cabalo de vapor a seguinte: A) 1 kW - 1,36 CV. B)1 CV =753W C) 1 kW = 0,766 CV D) 1 W = 0,0145 CV 52. Como chamamos ao sistema de automatización que se encarga de xestionar os servizos e solucións dun edificio ou complexos terciarios?: A) Domótica. B) Xestión periférica. C) Inmótica. D) Bimótica. 53. Nun sistema trifásico de corrente alterna, as correntes monofásicas que o forman, están desfasadas entre si: A) 90° B) 75° Cc) 120? D) 45° 54. A instrución Técnica Complementaria ITC-BT-40 fala de instalacións xeradoras de BT, entendendo como tales: A) Motores de gas-oil con posta a terra. B) As destinadas a transformar calquera tipo de enerxía non eléctrica en enerxía eléctrica. C) Reservas de enerxía. D) Elementos mecánicos de soporte e envoltura. 55. Segundo as 5 reglas de ouro, cando quero volver a poñer en servicio unha instalación de AT, cal das seguintes accións debo facer primeiro? A) Verificar presenza de tensión. B) Desconectar a posta a terra. C) Desconectar a conexión de cortocircuito. D) Quitar a sinalización da desconexión. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 11 ===== OPE 2021 ELECTRICISTA - Ejercicio Específico Práctica 56. Como se clasifican os residuos xerados na actividade sanitaria? A) Residuos de citotóxicos e citostáticos. B) Residuos biocontaminados e non biocontaminados. C) Residuos perigosos e non perigosos. D) Residuos intracentro e extracentro. / 4x32A SP e 4x32A A [ema 1 y y 18 [xen /1x16A /1x18A 5 o o 57. No esquema unifilar anterior dun alumeamento público, temos un interruptor principal trifásico de 32A, contactor de 32A, diferencial trifásico e 4 liñas monofásicas protexidas por interruptores de 16A. Segundo o REBT, que calibre mínima debe ter o diferencial? A) 4x10A. B) 4X25A. C) 4X40A. D) 4X63A. 58. Para un edificio de tres plantas situado en Pontevedra, obtivose que a frecuencia esperada de impactos (Ne) é de 0,016244 e o risco admisible (Na) é de 0,001834. En aplicacién do Documento Básico SU 8 do Código Técnico da Edificación, é necesaria a instalación de pararraios no edificio? A) Si porque Ne é maior que Na. B) Si porque a suma de Na e Ne é positiva. C) Non porque Na e Ne son distintos. D) En Pontevedra, os edificios de menos de catro plantas NON necesitan esta instalacion. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 12 ===== 59. A impedancia entre o embarrado común de posta a terra de cada quirófano ou sala de intervención e as conexións a masa, ou os contactos a terra das bases de toma de corrente, non deberá exceder de: A) 100 Ohmios. B) 25 Ohmios. C) 2 Ohmios. D) 0,2 Ohmios. 60. Na foto anterior, nunha operación de mantemento nunha instalación de AT, que manobra está a realizar o operario? A) Comprobar a existencia de tensión na liña. B) Desconectar o illador da liña. C) Comprobar a posta a terra da liña. D) Poñer a liña en cortocircuito. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 13 ===== A ES o xi xa C +! o + #2 (e u Der “mm mz Te Us ut que [PE 61. Que representa o anterior esquema? A) Un inversor de xiro. B) Un arrancador estrela-triángulo. C) Un variador de frecuencia. D) Un arrancador progresivo. 4+ SV. io 3a. MM t— NM 62. Canto vale VR3? A) 24V B) 8V C)7v D) 6V 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 14 ===== 63. Un circuíto capacitivo caracterízase por que: A)A intensidade está en fase coa tensión. B) A intensidade está adiantada respecto á tensión. C)A intensidade está atrasada respecto á tensión. D) Ningunha das respostas anteriores é correcta. 64. Un dos transformadores AT/BT máis comúns que existen son os denominados Dy11. En que configuración se atopan o circuíto primario e secundario respectivamente? A) Estrela-Estrela. B) Triángulo-Triángulo. C) Estrela- Triángulo. D) Triángulo-Estrela. 65. Para que se utiliza o utensilio que se amosa na foto anterior? A) Arneses de seguridade para traballos en AT. B) Sistema de enganche para elevación de equipos en celdas de AT. C) Sistema de posta a terra para equipos e liñas en instalacións eléctricas para operacións de mantemento. D) Kit de posta a terra para substitución do circuíto de terra de instalacións eléctricas. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 15 ===== 66. Un circuíto eléctrico monofásico, alimentado por 230 V, absorve unha intensidade de 2A, cun factor de potencia 0,5. A potencia aparente consumida polo circuíto será: A) 230VA B) 460W C) 230W D) 460VA 67. Segundo a ITC-09 do REBT, cal é a sección mínima do condutor illado de protección para unha instalación de alumeamento exterior? A) 6 mm2. B) 10 mm2. C) 16 mm?. D) 25 mm?. 68. A tensión eficaz dunha corrente alterna sinusoidal é de 230 Voltios. Cal é o valor da tensión máxima? A) 230/+/2 B) 230 X +/2 C) 230V D) 2 X 230/11 69. En que tipo de disposición colócanse as resistencias de frenado dun motor, con respecto ao mesmo? A) Paralelo. B) Serie. C) Polarizada. D) Indistintamente. 70. Segundo a ITC-18 do REBT, para unha liña trifásica na que as fases son de sección 35 mm?. Cal é a mínima sección do condutor de protección? A) 50 mm?. B) 35 mma2. C)S/2, polo tanto a sección maior seguinte autorizada seria de 25 mm?. D) 16 mm?. 0046914635467001300003637860491 148828548 ' ===== PAGE 16 ===== "A A so Hz Y Y Y L a i» [> I» of =i © #- din de LAMA NX MOE alivio eat 4 os bY lenis e [STSI | ma ÚN ona XEN wr Caja: [E A * 71. No esquema anterior, que ocorre cando se activa KM2 e se desactiva KM1? A) Desconexión no caso de saltar o relé térmico Q1. B) Inversión do xiro do motor. C) No proceso de arranque pasa de conexionado de estrela a triángulo. D) As tensións simples U1, U2 e U3 pasan a ser compostas V1, V2 e V3. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 17 ===== i ue o > > > o Ft D) KM1 e KM2. >! # TO L >3 + L3 aja nolo Mio caia 72. No esquema anterior, onde nos atopamos unha protección magnetotérmica? A) FI. B) Ql. C) Q1 é a protección magnética e F1 a protección térmica e en conxunto, protexen a instalación de cortocircuítos e sobreintensidades. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 18 ===== ME 73. Na figura anterior amósase o esquema dun alumeamento público. Que elemento é o sinalado co número 4? A) Contador eléctrico. B) Contactor. C) Reloxo astronómico. D) Relé. 74. Un presostato debemos conectalo nun autómata como: A) Entrada dixital. B) Entrada analóxica. C) Saída dixital. D) Saída analóxica. 75. Que aparello destinamos a medir tensións? A) Amperímetro. B) Galvanómetro. C) Voltímetro. D) Ohmímetro. 76. Segundo o Decreto 38/2015, do 26 de febreiro, de residuos sanitarios de Galicia, considérase residuo perigoso sanitario: A) Películas e papel fotográficos que conteñen prata. B) Aceites de cociña. C) Restos anatómicos humanos de escasa entidade procedentes da actividade sanitaria. D) Acumuladores. 77. Que tipo destas topoloxías da instalación, segundo os requirimentos do sistema, non se axusta á dun sistema domótico? A) En estrela. B) Bus Ou liña. C) Inmótico. D) Anel. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 19 ===== 78. Segundo o REBT, a instalación dos contadores e demais dispositivos para a medida da enerxía eléctrica deberá dispoñer do cableado necesario para os circuítos de mando e control, con cor de identificación: A) Negro. B) Gris. C) Vermello. D) Marrón. 79. Dúas resistencias 7 Q e 5 Q conéctanse en serie a unha diferenza de potencial de 120 volts. Cal é a intensidade de corrente que circula polas resistencias? A) 12 A. B)2 A. C) 144 A. D) 10 A. 80. Que fará un magnetotérmico se conectamos un motor e no seu funcionamento este consome unha potencia superior á nominal, durante un tempo determinado?: A) Pechará o circuíto por efecto electromagnético. B) Non fará nada. C) Variará a súa curva de resposta de C a D. D) Interromperá o circuíto por efecto térmico. 81. Na cabina de medida de AT, nun centro de transformación, encontrámonos: A) 3 transformadores de intensidade e 3 de tensión. B) 1 transformador de intensidade e 3 de tensión. C) 3 transformadores de intensidade e 1 de tensión. D) 1 transformador de intensidade e 1 de tensión. 82. Nun quirófano, a diferenza de potencial entre as partes metálicas accesibles e o embarrado de equipotencialidade (EE) non deberá exceder de: A) 10 V. B) 100 mV eficaces. C) 10 mV eficaces. D) 100 V. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 20 ===== (E | L: é y Y LR o Y Y Y + Y lo) in ” | 7 ul eg eo , ¿ue SEN RI ea FIJI tul > o 83. Para que se utiliza o esquema da figura adxunta? A) Como inversor de xiro. B) Arrancador suave. C) Freo motor. D) Arrancador por reostato. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 21 ===== Servidor F.Redundante Pc Gamer Servidor PC Medio PC baja potencia Portátil Netbook Monitor Router Dispositivos wy i : OW 200W 400W 600W sw Potencia consumida 84. A figura anterior representa os consumos aproximados de diferentes equipos informáticos. Na mesma obsérvase que un PC Medio consume 400 Watts. Cantos PC de tipo medio pódense conectar a un SAI de 1.200 VA (voltamperios) e un factor de potencia de 0,8 (80%)? A) Tres. B) Dous. C) Catro. D) Ningún. BYPASS SS ~ = | iN - : - OUT = Ft ZI | BATERÍAS 85. O esquema da figura anterior representa un SAI do tipo: A) SAI off-line B) SAI In-line C) SAI on-line D) SAI line-interactive 86. Segundo a ITC-18 do REBT. Quen e cada canto tempo se efectuará a comprobación da instalación de posta a terra dunha instalación de baixa tensión? A) Por mantedor autorizado cada 5 anos. B) Por mantedor autorizado cada ano. C) Por persoal tecnicamente competente cada 5 anos. D) Por persoal tecnicamente competente cada ano. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 22 ===== L [2 87. A que corresponde o anterior símbolo eléctrico? A) Interruptor diferencial. B) Fusible. C) Contactor. D) Disxuntor. 88. Os condutores para utilizar nun hospital, tres de fase e un de neutro, serán de cobre ou aluminio, unipolares e illados. Cal destas respostas é INCORRECTA?: A) A tensión asignada é 0,6/1 KV. B) Os cables serán non propagadores de incendios e con emisión de fumes e opacidade reducida. C) Para o cálculo de sección do cable non se terá en conta a intensidade máxima admisible. D) A sección do cable deberá de ser uniforme todo o percorrido. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 23 ===== 89. Xeralmente, que sucedería se a central do grupo electróxeno a través do sensor de alta temperatura recibe un sinal de sobrequecemento do motor?: A) Funcionaría a máis temperatura sen problema marcando unha alarma de temperatura. B) A central baixaría as revolucións para non forzar máis o motor. C) A central diminuiría a ventilación do mesmo. D) A central ordenaría a parada instantánea do motor. 90. Cal das seguintes medidas destínase a asegurar a protección contra contactos directos? A) Protección por corte automático da alimentación. B) Protección por separación eléctrica. C) Protección complementaria por dispositivos de corrente diferencial residual. D) Protección mediante conexións equipotenciales locais non conectadas a terra. 91. En un arrancador estrela-triángulo con coordinación Tipo 1. A canto debemos regular a intensidade asignada ao relé térmico? A) Ao 58% da intensidade nominal do motor. B) Á mesma que a intensidade nominal do motor. C) A punta de arranque do motor. D) Á mesma da placa de características, xa sexa en triángulo ou en estrela. 92. Con respecto á súa construción, que tipos de transformadores de illamento hanse de instalar nun quirófano? A) Estrela- triángulo. B) Triángulo-triángulo. C) Triángulo-estrela. D) Estrela-estrela. 93. En electricidade, dicimos que calquera corpo que se conecta a terra ten un potencial: A) Negativo. B) Positivo. C) Cero. D) Un. 94. Que potencia desenvolve un motor eléctrico se se conecta a unha diferenza de potencial de 220 V polo que circula unha intensidade de corrente de 8 A? A) 2200 W. B) 1760 V. C) 2200 V. D) 1760 W. 95. Con que periodicidade hase de realizar a inspección eléctrica en instalacións de alta tensión? A) Obrigatoriamente unha vez ao ano. B) Obrigatoriamente cada dous anos. C) Polo menos unha vez cada tres anos. D) Cada cinco anos. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 24 ===== 96. Un dos transformadores AT/BT máis comúns que nos podemos atopar son os denominados Dy11. Que significa o número 11? A)A potencia do transformador son 11 kVA. B) A relación de transformación do Primario/Secundario é 11. C) O índice de desfase do Primario e Secundario encontrase segundo as agullas do reloxo as 11h, polo tanto, desfasado -30 graos. D) O consumo propio do transformador pode chegar a ser o 11% na mínima potencia de uso. 97. O símbolo anterior representa: A) Unha resistencia. B) Un díodo. C) Un fusible. D) Unha lámpada. 98. En un circuíto dispoñemos de un transformador de medida de intensidade con relación de transformación 100/5. A medición no primario danos un valor de 2 amperios, cal será a corrente que pasa polo secundario do transformador? A) 0,1 Amperios. B) 0,2 Amperios. C) 40 Amperios. D) 60 Amperios 99. Que produtores de residuos sanitarios están obrigados a elaborar un plan de xestión intracentro? A) Os produtores de xeren 25 Quilos/Ano ou máis de residuos cortantes e punzantes. B) Os produtores que xeren 300 Quilos/Ano de residuos sanitarios non perigosos. C) Os produtores que xeren 100 Quilos/Ano de residuos sanitarios non perigosos. D) Os produtores que xeren 15 Quilos/Ano de residuos cortantes e punzantes. 0046914635467001300003637860491148828548 ===== PAGE 25 ===== why i nn iL 1 e LL glen 1 r 1 # J ' : 1 1 t 1 t 1 i ' i 1 I 1 r er mm AAA firma nio ste A A AS sn A ce. i] ¥ E a i i i 100. Segundo o esquema anterior de conexión de picas de terra desta instalación de alumeamento exterior, estan ben distribuidas as picas? A) Si. B) Non, xa que debe levar unha pica cada 5 farois. C) Non, xa que cunha pica ao inicio da liña e outra ao final da mesma serían suficientes. D) Non, debido a que descoñecemos a resistividade do terreo e non podemos calcular o número de picas que fan falla. 101. Supoñendo todas as correntes medidas en Amperios, segundo o nodo, canto vale i? A) +2 A. B) +4 A. C) +8 A. D) -4 A. 102. Nos sistemas domóticos, ao dispositivo encargado de realizar o control dalgún elemento do sistema chamámolo: A) Verificador. B) Actuador. C) Nodo. D) Sistema centralizado. 0046914635467001300003637860491 148828548 ===== PAGE 26 ===== 103. A impedancia entre o embarrado común de posta a terra de cada quirófano ou sala de intervención e as conexións a masa, ou os contactos de terra das bases de toma de corrente, non deberá exceder de: A) 1 ohmios. B) 0,1 ohmios. C) 0,2 ohmios. D) 100 ohmios. 104. Segundo a ITC-28 do REBT, nunha instalación cuxa tensión nominal é de 230 voltios, o alumeamento de seguridade estará previsto para entrar en funcionamento automaticamente cando a tensión de esta baixe a menos de: A) 215 V. B) 200 V. C) 161 V. D) 152 V. 105. Nun centro sanitario, os recipientes nos que se recollerán os residuos sanitarios da clase III: A) Han de ser sempre incinerados. B) Xestionaranse como residuos radioactivos. C) Separaranse de maneira selectiva conforme ao establecido nas ordenanzas municipais. D) Poderán ser reutilizados. 0046914635467001 300003637860491148828548 ===== PAGE 27 ===== Preguntas de reserva 106. Para unha tarifa 2.O TD (menor de 15 kW) con discriminación horaria en 3 períodos, que período de enerxía corresponde entre as 11h e as 13h da mañá, de luns a venres laborais, na península? A) Val. B) Chaira. C) Punta. D) Coinciden dous períodos: chao e punta. 107. Cales dos seguintes enténdense por residuos sanitarios? A) Residuos radiactivos. B) Cadáveres e restos humanos. C) Os cadáveres de animais. D) Os xerados polos centros, servizos e establecementos veterinarios asistenciais e centros de investigación animal. 108. Nun suposto, se vemos que non temos tensión nos enchufes “shuko” vermellos, a que cadro de alimentación nos dirixiremos? A) Cadro de forza. B) Cadro de alumeado. C) Cadro de SAIs. D) Cadro de distribución de liñas de datos. 109. Canto custará ter acendido toda a noite (8 horas) un radiador de 2.500 W sabendo que o custo do Kwh é de 2'80 euros? A) 5 euros. B) 28 euros. C) 50 euros. D) 56 euros. 110. Nun interruptor magnetotérmico dependendo das curvas de disparo dos interruptores, que tipo de interruptor escolleremos xeralmente para iluminación, tomas de corrente e aplicacións xerais?: A) Curva B. B) Curva MA. C) Curva D. D) Curva C. 0046914635467001300003637860491 148828548