===== PAGE 1 ===== RE | servizo OFERTA PERSOAL ESTATUTARIO 2021 MEDI | GALEGO MÉS | OF SAUDE Electricista 1° EXERCICIO: PARTE COMÚN INSTRUCIONS: 1.— Non abra nin lea o interior deste caderno ata que se lle indique. 2.- Esta proba consiste nun cuestionario non eliminatorio sobre o contido da parte común do programa, de 10 preguntas tipo test con 2 de reserva, que deberán ser contestadas a continuación do recadro “Común” entre os números C1 e C12, da "FOLLA DE RESPOSTAS". 3.— O tempo total de realización do exercicio, é de 15 minutos. 4.-Todas as preguntas teñen catro respostas alternativas, sendo unha a correcta. As respostas correctas sumarán 0,50 puntos, as non contestadas non terán valoración algunha e as contestadas erroneamente restarán 0,125 puntos. 5.- Comprobe sempre que o número de resposta que sinale na "FOLLA DE RESPOSTAS" é o que corresponde ao número da pregunta do cuestionario. 6.— Este cuestionario debe utilizarse na súa totalidade como borrador das respostas elixidas, para non marcar unha resposta ata estar totalmente seguro/a. 7.— A resposta correcta marcarase cun X ben feito dentro dos límites do recadro. De ter que anular algunha resposta, o recadro da resposta que se marcou incorrectamente ten que encherse por completo. Unha vez que se anule, xa non poderá recuperarse de novo dita opción de resposta. 8.— Ao rematar o seu exercicio, coloque este cuestionario no chan e espere as indicacións para realizar a continuación o seguinte exame, en unidade de acto. Cando finalice todos os exercicios deberá entregar a “FOLLA DE RESPOSTAS” no lugar que lle indique a organización, onde lle entregarán a última folla autocopiativa. Ao abandonar o recinto NON poderá levar ningún cuestionario de preguntas. O Servizo Galego de Saúde facilitaralle O acceso aos mesmos a través da páxina web: www.sergas.es, logo de finalizados os tempos de exame. 093179 NI 3INVX9 LEA DETIDAMENTE AS INSTRUCIÓNS QUE FIGURAN NO REVERSO DA FOLLA DE RESPOSTAS PARA O SEU CORRECTO ENCHEMENTO 0016914635467001300003637860490991012768 ===== PAGE 2 ===== OPE 2021 ELECTRICISTA - Ejercicio Común 1. Elixe a opción INCORRECTA. O Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, establece como faltas disciplinarias moi graves: A) A falta de asistencia durante máis de cinco dias continuados ou a acumulación de sete faltas en dous meses sen autorización nin causa xustificada. B) O quebranto da debida reserva respecto a datos relativos ao centro ou institución ou á intimidade persoal dos usuarios e á información relacionada co seu proceso e estancia nas institucións ou centros sanitarios. C) Os danos ou a deterioración nas instalacións, equipamento, instrumental ou documentación, cando se produzan por neglixencia inescusable. D) A desobediencia notoria e manifesta ás ordes ou instrucións dun superior directo, mediato ou inmediato, emitidas por este no exercicio das súas funcións, salvo que constitúan unha infracción manifesta e clara e terminante dun precepto dunha lei ou doutra disposición de carácter xeral. 2. ALei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, define a historia clínica e determina o seu contido mínimo. Indique a resposta correcta: A) Debe ser entregada ao paciente tras cada episodio asistencial. ) B) É propiedade do paciente. C) Debe ser única por paciente en todo o Sistema Público de Saúde de Galicia. ) D) Debe incluír o médico ou profesional responsable. 3. A Constitución Española de 1978 regula os dereitos fundamentais e as liberdades públicas. No artigo 18 establece que: A) Garántese o dereiro á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. B) Garántese o segredo das comunicacións e, en especial, das postais, telegráficas e telefónicas, en todo caso. C) Recoñécese o dereito de reunión pacífica e sen armas. O exercicio deste dereito sempre necesitará autorización previa. D) Todos teñen dereito a sindicarse libremente. As Forzas ou Institutos armados poderán ser obrigados a afiliarse a un sindicato. 4. Cal das seguintes NON é unha prestación sanitaria do Sistema Público de Saúde de Galicia, segundo o disposto na Lei de Saúde de Galicia? A) Os produtos dietéticos. B) A atención a urxencias e emerxencias. C) Prestacións homeopáticas. D) Prestacións ortoprotésicas. 5. Elixe a opción correcta. O Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde establece que, a selección de persoal estatutario fixo realizarase: A) Sempre polo sistema de concurso-oposición. B) Con carácter xeral polo sistema de oposición. C) D) Todas son INCORRECTAS. Con caracter xeral polo sistema de concurso. 0016914635467001300003637860490991012768 ===== PAGE 3 ===== 6. O Estatuto de Autonomía de Galicia establece que, entre outras, é unha función do Parlamento de Galicia: A) Dirixir e coordinar a acción da Xunta e ostentar a representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galicia. B) Nomear e cesar aos Vicepresidentes e aos Conselleiros. C) Interpoñer recursos de inconstitucionalidade e comparecer ante o Tribunal Constitucional. D) Exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma. 7. Sinala a opción INCORRECTA. A Lei Xeral de Sanidade dispón que: A) Esta Lei ten por obxecto a regulación xeral de todas as accións que permitan facer efectivo o dereito á protección da saúde recoñecido no artigo 43 e concordantes da Constitución Española. B) As Comunidades Autónomas non poderán ditar normas de desenvolvemento e complementarias desta Lei, xa que é competencia exclusiva do Estado. C) Son titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria todos os españois e os cidadáns estranxeiros que teñan establecida a súa residencia no territorio nacional. D) Os medios e actuacións do sistema sanitario estarán orientados prioritariamente á promoción da saúde e á prevención das enfermidades. 8. Segundo o artigo 9 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, a vixilancia do cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais, así como das normas xurídico-técnicas que incidan nas condicións de traballo en materia de prevención, corresponde a: A) O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. ) B) A Inspección de Traballo e Seguridade Social. C) A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais. ) D) A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo. 9. Elixe a opción correcta. Segundo o Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, con carácter xeral, o tempo de traballo correspondente á xornada ordinaria: A) Non excederá de 7 horas ininterrompidas. ) B) Non excederá de 10 horas ininterrompidas. C) Non excederá de 12 horas ininterrompidas. ) D) Non excederá de 24 horas ininterrompidas. 10. Segundo a Lei de Saúde de Galicia, é unha función do Servizo Galego de Saúde: A) A promoción da docencia e investigación en ciencias da saúde no ámbito dos centros, servizos e establecementos sanitarios asistenciais. B) A elaboración e desenvolvemento dos programas sanitarios do Servizo Galego de Saúde. A avaliación dos devanditos programas realizaraa directamente a Consellería de Sanidade. C) A introdución de novas técnicas e procedementos diagnósticos e terapéuticos, sen necesidade de avaliar previamente o custo e impacto dende o punto de vista bioético. D) A prestación directa de asistencia sanitaria exclusivamente nos seus propios centros, servizos e establecementos. 0016914635467001300003637860490991012768 ===== PAGE 4 ===== Preguntas de reserva 1. Elixe a denominación correcta segundo a ordenación territorial establecida na Lei de Saúde de Galicia: A) Área sanitaria de Barbanza. B) Distrito sanitario de A Mariña. C) Área sanitaria de Monforte de Lemos. D) Distrito sanitario de A Coruña e Cee. 2. En relación cos principios reitores da política social e económica, a Constitución Española de 1978 establece que: A) Compete ás asociacións organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios. B) Recoñécese o dereito á protección da saúde. C) Os organismos privados formentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte. D) Recoñécese o dereito de asociación. 0016914635467001300003637860490991012768