Programa da proba selectiva para o ingreso na categoría de electricista (para as quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral) Parte común. Tema 1. A Constitución Española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución. Tema 2. Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega. Tema 3. A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións Públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público. Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: O sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: Disposicións que a regulan. Tema 5. O Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva. Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: Réxime de provisión e selección de prazas. DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS HUMANOS Complexo Administrativo de San Lázaro 15781 Santiago de Compostela T. 881 542 800 recursos.humanos@sergas.gal www.sergas.gal Páxina 1 de 6 Tema 7. Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes. Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais: Capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública. Parte específica. Tema 1. Electrotecnia: os fenómenos eléctricos, magnéticos e electromagnéticos e as súas aplicacións. Leis de Ohm e de Joule xeneralizadas para corrente alterna. Circuítos eléctricos de corrente alterna formados por impedancias conectadas en serie paralelo. Correntes alternas trifásicas: características. Conexións en estrela e en triángulo. Tema 2. Medidas nas instalacións eléctricas. Medidas eléctricas nas instalacións de baixa tensión. Magnitudes eléctricas: tensión, intensidade, resistencia e continuidade, potencia, resistencia eléctrica das tomas de terra. Instrumentos de medidas e características. Procedementos de conexión. Procesos de medidas. Tema 3. Manobra, mando e protección en media e baixa tensión: xeneralidades. Interruptores, disxuntores, seccionadores, fusibles, interruptores automáticos magnetotérmicos, interruptores diferenciais. DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS HUMANOS Complexo Administrativo de San Lázaro 15781 Santiago de Compostela T. 881 542 800 recursos.humanos@sergas.gal www.sergas.gal Páxina 2 de 6 Tema 4. Cálculos nas instalacións eléctricas de baixa tensión: previsión de potencias, sección de condutores, procedementos normalizados de cálculo das instalacións de baixa tensión. Tema 5. Representación gráfica e simboloxía nas instalacións eléctricas: normas de representación. Simboloxía normalizada nas instalacións eléctricas. Planos e esquemas eléctricos normalizados. Topoloxía. Interpretación de esquemas eléctricos nas de interior. Tema 6. Mantemento de máquinas: transformadores. Pilas e acumuladores. Máquinas eléctricas rotativas de corrente continua: xeradores e motores. Máquinas eléctricas rotativas de corrente alterna: xeradores e motores. Tema 7. Grupos electróxenos: procesos de arranques e paradas dun grupo electróxeno. Protección do grupo: alarmas. Medidas eléctricas. Mantemento de grupos electróxenos. Tema 8. Automatismo e cadros eléctricos: cadros eléctricos. Esquemas de potencia e mando. Mando e regulación de motores eléctricos: manobras. Arranque dun motor en conexión estrela-triángulo. Autómata programable: campos de aplicación. Tema 9. Instalacións de electrificación de vivendas e edificios: instalacións eléctricas de baixa tensión. Definición e clasificación. Acometida, caixa xeral de protección, liña repartidora. Contador de enerxía eléctrica, centralizacións. Derivación individual. Instalacións de interior de vivendas. Instalacións de megafonía. Instalacións de sinal de televisión. Instalacións de telefonía interior e intercomunicación. Instalacións de cableado estruturado: voz e datos. DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS HUMANOS Complexo Administrativo de San Lázaro 15781 Santiago de Compostela T. 881 542 800 recursos.humanos@sergas.gal www.sergas.gal Páxina 3 de 6 Tema 10. Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación: redes eléctricas de distribución. Centro de transformación. Instalacións de enlace, partes e elementos que as constitúen. Tarifación eléctrica. Transmisión de información nos sistemas eléctricos, área de aplicación. Tema 11. Regulamento electrotécnico de baixa tensión: instalacións de posta a terra. Instalacións en locais de pública concorrencia. Prescricións particulares para as instalacións eléctricas dos locais con risco de incendio ou explosión. Instalacións en locais de características especiais. Instalacións con fins especiais (ITC-BT-31,32), instalacións con fins especiais (ITC-BT-38). Instalacións xeradoras de baixa tensión. Tema 12. Baterías de condensadores e sistemas de alimentación ininterrompida (SAI). Funcións e aplicacións de cada un. A súa manipulación e mantemento. Tema 13. Centrais de alarmas de incendios: sistemas convencionais e intelixentes. Definición. Sistemas hidráulicos: interconexión cun sistema de alarmas. Iniciadores e anunciadores: diferentes tipos. Detectores de fume: fotoeléctricos e iónicos. Probas aos sistemas de alarmas contra incendios. Tema 14. Instalacións de sistemas de automatización, xestión técnica da enerxía para vivendas e edificios. Tema 15. Revisións eléctricas en quirófanos e áreas especiais: monitor detector de fugas. Postas a terra. Condutores de equipotencialidade. Tomas de corrente e cables de conexión. Proteccións de diferenciais e magnetotérmicos. Suelos antielectrostáticos. DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS HUMANOS Complexo Administrativo de San Lázaro 15781 Santiago de Compostela T. 881 542 800 recursos.humanos@sergas.gal www.sergas.gal Páxina 4 de 6 Iluminación. Medidas de resistencias. Transformadores de illamentos. Controis periódicos. Tema 16. Instalacións de pararraios: conceptos xerais. Normativa de aplicación. Tipos de pararraios. A NTE-IPP pararraios. Deseño da instalación de pararraios. Disposicións construtivas. Tema 17. Instalacións de alumamento exterior: guía técnica de aplicación de instalacións de alumamento exterior (guía-bt-09). Esquema de conexións de lámpadas utilizadas en alumamento exterior. Tema 18. Mantemento eléctrico. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e preditivo. Plans de mantemento preventivo de equipos e máquinas eléctricas. Tema 19. Protección medioambiental. Nocións básicas sobre contaminación ambiental. Principais riscos medioambientais relacionados coas funcións da categoría. Tema 20. Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións de electricista, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da categoría Tema 21. perspectiva de xénero. Saúde e xénero. Violencia de xénero: prevención, detección e actuación por parte dos/das profesionais do Servicio Galego de Saúde. DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS HUMANOS Complexo Administrativo de San Lázaro 15781 Santiago de Compostela T. 881 542 800 recursos.humanos@sergas.gal www.sergas.gal Páxina 5 de 6 Nota: Parte común: Esta información procede da publicada no anexo II da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 23 de setembro de 2025 , pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos (Diario Oficial de Galicia núm. 188 de 30 de setembro). Parte específica: Esta información procede da publicada no anexo II da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 18 de xuño de 2021, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a (Diario Oficial de Galicia núm. 126 de 5 de xullo), agás o tema 21 engadido, que procede da publicada no anexo II da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 23 de setembro de 2025, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos (Diario Oficial de Galicia núm. 188 de 30 de setembro). DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS HUMANOS Complexo Administrativo de San Lázaro 15781 Santiago de Compostela T. 881 542 800 recursos.humanos@sergas.gal www.sergas.gal Páxina 6 de 6